10.4.06

Caldas de Reis (a miña vila)



Xardín e balneario de Galicia
Ven a visítala

Vila privilexiada: a vila está atravesada polos ríos Umia e Bermaña, que teñen unha abundante rede de afluentes e regueiros cunha grande riqueza pesqueira. En Caldas conflúen 3 características fundamentais que tiveron unha vital importancia ó longo da súa historia, e sen as cales difícilmente entenderiamos a realidade actual:
- Riqueza paisaxística e bondade climática.
- Ubicación estratéxica na confluencia das principais vías de
comunicación da provincia.
- O fenómeno termal

Enlaces sobre a vila de Caldas:

9.4.06

Fotos Premiadas

1º Premio "Arroutada" 2001

1 º Premio Certamen Fotográfico
ATENEO CALDENSE

Atardecederes dende Pedra do Pan






Pedra do Pan é unha rúa de Caldas de Reis na que resido. A súa situación permite unhas vistas privilexiadas e uns atardeceres espectacualares. Ahí van algunhas mostras.





Vehículo histórico

Este é un "vehículo histórico"
Marca: MORRIS/Modelo:MINI 850 L
Data de matriculación 11-7-1972 - Matrícula orixinal: PO-7690-A
Dictamen LOVH - G -04 - 85 / Matrícula actual: H-4007-BBB
Tipo: Turismo/Nº prazas: 4
Altura: 1300 cms/Anchura: 1410 cms./Lonxitude: 3050 cms.
Potencia fiscal: 7.97 CVF
Tara: 630 Kgs./PMA: 935 Kgs
Velocidade Máxima: 120 Km/h.

Gastronomía de Caldas

LAMPREA: guisada ou en empanada. Esta última ten unhas características propias: a forma da empanada, a calidade do pan, a cantidade e gravidade do prebe (hai prebes que voan e prebes que se apoian), o punto de feitura da bicha (fluvialitis) e o tamaño da empanada. Con todo isto chegamos a conclusión que a empanada de lamprea de Caldas merece solemnes laudes e que o equilibrio entre pan, lamprea e prebe lógrase sobradamente ó converti-lo en unitario e único.


Merece unha mención o ROSCÓN, doce feito con ovos, fariña, manteiga e azucre. É peculiar a súa forma e actualmente celébrase unha festa de exaltación no mes de abril. Tamén destaca o molete e os fanchucos que si son de manteiga, benvidos sexan. A empanada de millo tamén destaca nas delicias culinarias caldenses.